O alcalde avanzou esta mañá que Vigo ten garantida auga ata o mes de xaneiro dado que o encoro de Eiras está ao 61% da súa capacidade e o de Zamáns -menos importante- ao 56%. En declaracións aos medios subliñou que a pesar da situación de seca que vivimos nos últimos meses, a presa de Eiras, propiedade do Concello de Vigo, segue a abastecer a Cangas, Moaña, Mos, O Porriño así como a zonas de Baiona ou Nigrán.