O goberno local solicitou ao Ministerio de Fomento a emisión do informe preceptivo para a modificación do Plan Parcial de Navia. O rexedor, quen confiou en que no se esgote o prazo máximo de tres meses para resolver, explicou que, tan pronto se reciba, procederase á aprobación inicial desta modificación que permitirá continuar coa execución das vivendas de Navia. Caballero lembrou que Estradas xa emitiu un informe favorable polo que o Concello agarda que o Ministerio se ratifique nese informe positivo.
Antes de rematar, o alcalde destacou a importancia dunha iniciativa que permitirá construír na cidade unhas 16.000 vivendas novas e a prezos accesible. Contrapuxo a dilixencia do Concello na tramitación da parte municipal coa actitude da Xunta «que leva seis anos tramitando este plan», criticou.