Os cambios chegan para adaptar a normativa ás demandas actuais de instalación de pantallas LED de publicidade nas fachadas dos edificios. Segundo explicou Abel Caballero, quedan excluídas as zonas do Casco Vello de Vigo e de Bouzas, mentres que en edificios catalogados requirirá sempre un informe expreso favorable de órgano competente.
«É unha aposta pola modernidade da cidade e nalgunhas zonas como a Porta do Sol terán que estar condicionados a aquelas decisións que tome o Concello en épocas de festas o por outro acontecemento, por exemplo, cando acendamos o árbore de Nadal non van estar as pantallas dispoñibles», sinalou o alcalde.
A ordenanza tamén fixa horarios de limitación, que será entre as 21:00 e as 09:00 horas, ademais de que os propietarios están obrigados a instalar un mando de apagado externo e accesible para os servizos municipais. As licenzas para ditas publicidades exteriores deberán ser renovadas cada cinco anos.