«O Camiño de Santiago Portugués pola costa está incrementando cada ano o número de peregrinos. No futuro pode chegar a ser un reclamo turístico de primeiro orde para Vigo, polo interese paisaxístico, ademáis de cultural, do percorrido. Por tanto, compre coidalo e potencialo». Este é o argumento esgrimido polo colectivo Vigo Histórico, destacado nas últimas semanas por facer fronte ao proxecto do túnel na Porta do Sol, para levar a cabo unha nova acción reivindicativa.
Vigo Histórico explica que no futuro a ruta pode chegar a ser un reclamo turístico de primeiro orde para Vigo, polo interese paisaxístico, ademáis de cultural, do percorrido. Por tanto, compre coidalo e potencialo. O trazado no centro de Vigo pasa polos puntos de maior interese patrimonial: Paseo de Alfonso XII, Oliveira, Rúa Elduayen, Sombrereiros, Colexiata e Praza de Compostela.
«Proximamente comezaremos a colocar as indicacións do camiño. Vigo Histórico celebra este feito xa que é moi positivo para a cidade. O que, pola contra, vai resultar considerablemente negativo é a desvirtualización da rúa Elduayen, equivalente actual do que antes era a antiga Rúa Sombrereiros trala porta de Falperra, por onde se accedía a vila», engaden.
O colectivo conclúe sinalando que «as ramplas de entrada e saída do túnel van afectar considerablemente a imaxe dos camiñantes na súa entrada ao Casco Vello» e considera que a opción de peonalizar o tramo vai resultar «moito máis atractiva, e respectuosa co patrimonio da cidade, xa que os visitantes entrarían na cidade antiga por un bulevar peonil».