O colectivo Vigo Histórico vén de recrear a tarde do sábado o enterro figurado da rúa Elduayen como protesta contra o proxecto de Porta do Sol ao entender que «quedará moi desfavorecida coa construción do túnel».
Tras facer un «velatorio – performance» no que non faltaron os zapatos verdes que reivindican unha peonalización realmente ecolóxica, léronse unhas letanías pedindo as diferentes autoridades políticas que escoiten a cidadanía. Posteriormente fixeron un paso fúnebre polo Casco Vello para visibilizar a causa do colectivo.
Vigo Histórico defende unha peonalización da Porta do Sol de «forma gradual, sen construir un túnel, restrinxindo progresivamente o tráfico privado pero mantendo e reforzando o transporte público, mentres se construen infraestructuras que permitan o acceso da cidadanía ao centro de forma máis sostible. Momento no que se podería ir desviando liñas de bus para proceder a peonalización total».
O colectivo considera que proceder deste xeito convertiría Elduayen nun «bulevar peonil que uniría realmente o Casco Vello, gañaría o Paseo de Alfonso XII como espazo para cidadanía e miradoiro das Cies, respectaría os edifcicios históricos, revalorizaría o Camiño de Santiago (que pasa por Elduayen) e facilitaría o cumplimento de futuras leis de transición ecolóxica, xa que reduciría o tráfico. Co túnel, nada disto é posible».
Vigo Histórico afirma que continuará coas suas movilizacións e actos para reivindicar unha peonalización máis sostible e respectuosa co medio ambiente. Non descarta facer máis «enterros de Elduayen» cando se acerque a data de inicio das obras.
Letanía lida durante o acto:
Señor Alcalde, ten piedade de nós
Corina, ten piedade de nós.
Señor Alcalde, ten piedade de nós
Abel, escoitanos,
Abel, rei do Nadal, ten piedade de nós
Carmen Silva, ten piedade de nós
Javier Pardo, ten piedade de nós
Elena Espinosa, intercede por nós
Maria Xosé Caride, intercede por nós
Abel Losada, roga por nós
Ministra para a transición ecolóxica, escoitanos por favor
Ministra para a transición ecolóxica, ten misericordia de nós
Ministra para a transición ecolóxica, Escoitanos por favor
Interceda por nós, ministra Teresa Rivera,
para que sexamos dignos das promesas do cumio do Clima.