O rexedor declarou que o Concello «está proactivo» e segue traballando para desenvolver o sistema de transporte metropolitano. Así, unha vez recibida «toda a información desde a Xunta de Galicia» para poder empregar o software vigués e probalo, onte luns realizáronse as primeiras probas de homologación dos sistemas informáticos con ABANCA, o operador co que traballa o goberno autonómico, cun resultado positivo xa que «se constatou que o sistema funciona».
A tenor deste resultado, Caballero apuntou que, resolta esta cuestión, «para nós está listo para ser colgado de forma inmediata», considerando que a Xunta debe «retirar o seu recurso, como é natural».