As novas instalacións contan con sete novos elementos deportivos (Bowl, Pala, Extensión, Step Up, Cuarter, Street, Cuarter Street) nunha superficie de actuación de 615 metros cadrados.
Este parque de skate súmase ademais a outras catro actuacións que están en proxecto: o parque de Skate, BMX e Roller Vert Wall en Navia (300.000 euros), a remodelación da pista do Castro (pendente do informe de Patrimonio da Xunta), a remodelación integral da pista do Calvario (Instituto) con inversión procedente do superávit e, tamén en Navia, unha pista de parkour na que se investirán 193.000 euros.
Palco en Zamáns
Ademais, o Concello aprobou as obras de reparación e acondicionamento do Palco de Zamáns, situado no parque forestal da parroquia.
Os traballos inclúen a reparación da cuberta, o friso de madeira, teito, pintado da estrutura e paredes cun orzamento de 20.000 euros.