A Asociación Veciñal de Teis emitíu este xoves un comunicado no que explica que xa se dirixiron por escrito á Fundación Amancio Ortega, ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia para propoñer os terreos da ETEA como ubicación dunha nova escola infantil.
«O pasado 9 de decembro de 2015, representantes da fundación Amancio Ortega mantiveron unha xuntanza con Abel Caballero e a concelleira de Educación para tratar sobre a construción dunha escola infantil en Vigo, que promove dita fundación, pero sen concretar ningún emprazamento. na cidade», explica a entidade veciñal.
Apuntan tamén que, despois de remitir unha carta ás tres institucións, a única resposta foi da Fundación, que indicou que a decisión do emprazamento da escola infantil dependía do Consorcio Galego de Servizos Sociaise do Concello.
A Xunta de Galicia aprobou o plan sectorial da ETEA, que recolle diferentes usos (deportivo, recreativos, científicos-tecnolóxico…) aínda se desenvolver na súa maioría e hai un area reservada para usos complementarios (PS-6), polo que podería ter encaixe unha dotación como unha escola infantil.
«Nos terreos destinados para usos complementarios, aínda non se realizou ningunha actuación. Estamos a falar dun lugar privilexiado polo seu emprazamento a beira da ría de Vigo e un espazo de esparexemento do barrio de Teis e da cidade de Vigo», sinalan.
Unha parte destes terreos no futuro serán para ocupar o campus do mar que promove a Universidade de Vigo, para converter este espazo tamén nun lugar de investigación. «Debido a gran superficie destes terreos son compatíbeis diferentes usos e entendemos que podería ter encaixe unha escola infantil. A día de hoxe descoñecemos o emprazamento elixido para esta escola infantil e se valorou o emprazamento dos terreos da ETEA», explican no comunicado.
Nós últimos meses a Asociación Veciñal de Teis realizou unha intensa campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA, polo Concello e a Xunta, coa convocatoria de mobilizacións e recollida de 3.200 sinaturas. Tamén exisen a dotación de servizos nestes terreos, como a colocación de papeleiras no paseo, a limpeza dos terreos, a colocación duns aseos público ou a apertura da piscina.