O rexedor avanzou este martes a construción dunha nova praza en Teis, na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander, un entorno que xa está humanizado en grande parte pero que precisaba dunha zona de encontro cidadá que incluirá zonas verdes, zonas con auga, así como espazos de ocio. Deste xeito, explicou, converteremos unha zona de aparcamento «horrible» nun novo lugar de encontro moi preto do Colexio Apóstol e do Mercado.