A constitución da Asemblea Metropolitana -prevista para este xoves ás 11,00 h- supón «a culminación de moitos anos de traballo para conseguir a Área», dixo o rexedor Abel Caballero nunha rolda de prensa na que tamén anunciou a convocatoria de todos os conselleiros nun acto que será «moi importante para a cidade porque nos construímos como territorio metropolitano, pasando á vangarda da agrupación territorial en toda España».
O rexedor criticou as inxerencias da Xunta na conformación do ente, reiterando que o papel do Goberno autonómico rematou coa aprobación da lei porque «somos os concellos os que temos que constituír a Área e levala adiante pensando sempre nos cidadáns».
A última hora da tarde o Consello Consultivo de Galicia, dependente da Xunta, emitía o seu ditame non vinculante no que amosaba a súa discrepancia á constitución da Área Metropolitana sen a integranción do Plan de Transporte.