A través do móbil e de varias peañas repartidas polo espazo, o programa rememora o día a día nas salinas nos seus momentos de maior esplendor. Simplemente con enfocar ás peañas pódense ver as termas co seu moderno sistema de calefacción romano, o salón, a cociña ou os distintos usos e costumes dos romanos.
Ademais de poder acceder aos modelos tridimensionais coa aplicación, os usuarios e visitantes poden obter toda a información dispoñible sobre o xacemento.
A aplicación é un traballo da ‘startup’ Xoia, que naceu grazas ao concurso de emprendemento impulsado polo Concello de Vigo en 2014.