• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    lunes, 27 de junio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • UVigo e Deputación de Ourense outorgarán 45 bolsas a alumnado deste título

    Un premio extra para os mellores expedientes do Grao en Turismo

    A contía máxima será de 900 euros por persoa e 450 adicionais para dez estudantes de novo acceso
    Redacción por Redacción
    21 de Jun, 2022
    en Local
    0
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Universidade de Vigo convocou 45 bolsas para o alumnado matriculado no curso 2022/2023 no Grao en Turismo ou no programa conxunto (PCEO) dos graos de Turismo e Xeografía e Historia no campus de Ourense. Froito da colaboración entre a institución académica e a Deputación de Ourense, a contía será de 900 euros para cada estudante seleccionado e 450 adicionais para os mellores expedientes de acceso, tendo prioridade o alumnado que inicie estudos.

    A iniciativa desenvólvese ao abeiro dun convenio de colaboración asinado en marzo entre a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense para a o fomento de actuacións universitarias de promoción da formación en turismo no campus de Ourense e que redunden en beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia. O obxecto destas axudas, tal e como recolle a súa convocatoria, é contribuír a sufragar o custo destes estudos e, deste xeito, contribuír tamén á promoción da formación de profesionais do sector turístico na provincia de Ourense. A iniciativa, apunta neste senso Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo, xorde tendo en conta que “dada a riqueza natural, patrimonial e cultural de Ourense, é necesaria a presenza de bos profesionais do sector turístico para favorecer e mellorar a calidade turística da provincia”.

    45.000 euros dispoñibles

    Segundo explica Natalia Caparrini, estas bolsas supoñen “unha moi boa oportunidade para atraer estudantado ao campus de Ourense, en xeral, e ao Grao en Turismo, en particular, e que estudantes que, por falta de recursos económicos non poden permitirse realizar un grao fóra da súa contorna familiar, poidan dispor dunha axuda para cubrir gastos de desprazamento, manutención ou residencia, por exemplo”. O orzamento destas axudas ascende a un total de 45.000 euros e a contía máxima para cada estudante seleccionado será de 900 euros. Ademais concederase unha contía máxima de 450 euros adicionais para nove estudantes coa mellor nota de acceso no curso 2022/2023 no Grao enTurismo e para un estudante coa mellor nota de acceso no PCEO Grao en Turismo-Grao en Xeografía e Historia.

    Esta axuda é compatible con calquera outra axuda e, en concreto, coa bolsa de carácter xeral para o curso académico 2022/2023 do Ministerio de Educación e Formación Profesional. O importe das bolsas, recolle a convocatoria, en ningún caso poderá ser de tal contía que, de xeito illado ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o coste da actividade subvencionada. O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de outubro de 2022. A selección das persoas beneficiarias será efectuada por unha comisión. No caso do alumnado que inicia estudos terase en conta a nota de acceso ao grao e, no caso de alumnado que continúa estudos, a nota media do expediente académico. En todo caso, sinálase na convocatoria que terá preferencia o alumnado que inicia estudos de grao en primeiro lugar e do programa conxunto en segundo lugar, fronte ao alumnado de continuación de estudos.

    Un grao “participativo, internacional e dinámico”

    Para o curso 2022/2023, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense oferta en primeiro curso 45 prazas no Grao en Turismo e 10 no do PCEO Turismo e Xeografía e Historia. Moi satisfeitos pola posta en marcha destas bolsas en canto redundarán tanto en beneficio primeiro do alumnado como posteriormente da contorna socioeconómica, desde o centro animan principalmente o alumnado que agora acaba de rematar as ABAU a que coñeza as oportunidades que lle brindan estes estudos. O campus e a cidade de Ourense, salientan, “son perfectos para vivir a experiencia universitaria” e neste contexto, engaden, o Grao en Turismo sobresae polo seu “carácter participativo, internacional e dinámico” e por darlle ao seu alumnado un gran protagonismo no desenvolvemento da actividade do centro.

    Neste senso, no eido formativo, desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo poñen en valor, ademais da calidade das instalacións e do profesorado do centro, o desenvolvemento de todo tipo de actividades complementarias. No eido das prácticas, destacan aspectos como os plans de carreira existentes con cadeas hoteleiras internacionais, como RIU Centroamérica, Palladium, Ritz-Carlton, Hotusa e Paradores. O centro, indican, realiza “unha continua aposta pola mellor formación integral do alumnado e a súa integración no mercado laboral, presentando propostas dirixidas a mellorar sempre as súas competencias”. Ademais, recalcan a aposta pola internacionalización, con iniciativas  como a posibilidade de obter a dobre titulación de Turismo-Turismo de Cruceiros coa universidade alemá de Bremerhaven; a rede Erasmus con máis de 80 universidades europeas, e iniciativas como a International Week ou Joint Seminars, con profesorado e alumnado estranxeiro.

    En primeira persoa

    Entre as persoas que realizaron este Grao en Turismo están Andrea García (egresada en 2017 e actualmente traballando en Madrid, na empresa NH Hotel Group). “Estudar Turismo foi a mellor decisión. Eu tiña claro que quería estudar Turismo e irme a Ourense; facelo foi incrible, xa que nesta facultade fante sentir como na túa casa, tanto os compañeiros como moitos dos profesores”, sinala. Este grao, engade, “abre moitas portas laboralmente, moitas incluso que non consideramos cando empezamos a estudar, e podemos chegar ata onde queiramos dentro dunha empresa ou emprendendo”. A piques de rematar esta titulación pero xa traballando no Hotel Hard Rock de Eivissa está Lucía Garza. “A proximidade ao meu lugar de residencia, a obrigatoriedade de cursar dúas linguas estranxeiras, as prácticas en cadeas de gran relevancia no sector turístico e as actividades interculturais como a International Week foron as principais razóns que me levaron a escoller esta facultade”, lembra. Unha vez realizado o grao, afirma que “sempre destaco da miña facultade o sentimento de familia, de pertenza a un lugar que che fai sentir que non es un número, senón que tes nome, apelidos e unha situación ao teu redor”.

    “Aos que están indecisos de mudarse a Ourense, que non o dubiden. É a mellor cidade para estudar o Grao en Turismo, polo grande equipo de profesores que hai, polos espazos abertos dos que temos sorte de gozar no campus, polo ambiente da noite ourensá, pola vida cultural da cidade e tamén pola calidade de vida en canto aos prezos. Ourense acolle os estudantes da mellor das maneiras”, engade Iria Juncal, egresada en 2017 e actualmente traballando no Hotel Quinta da Auga de Santiago de Compostela. Por último, Felipe Barcala, tamén a piques de rematar o grao e traballando xa no Hotel RIU en Costa Rica, pon en valor o carácter versátil deste grao, xa que, indica, “ten un pouco de números, un pouco de idiomas, un pouco de historia, de cultura, de patrimonio etc”. A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, comenta, “é unha facultade dinámica e é doado estudar aí, danche facilidades e o profesorado é moi próximo”; destaca ademais como no seu caso “as prácticas curriculares fíxenas nun hotel en Berlín e despois entrei en RIU polo convenio que teñen coa facultade, polo que penso que non só as intencións da facultade son boas senón que moi acertadas tamén, pódese dicir que hai opcións”.

    Máis información: http://fcetou.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-turismo/

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades
    Ciencia y Tecnología

    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades

    22 de Jun, 2022
    Un congreso con 250 investigadores converte a Vigo no epicentro da Química Teórica Computacional
    Ciencia y Tecnología

    Un congreso con 250 investigadores converte a Vigo no epicentro da Química Teórica Computacional

    21 de Jun, 2022
    Manuel Reigosa asume su segundo mandato como rector de la UVigo
    Local

    Manuel Reigosa asume su segundo mandato como rector de la UVigo

    20 de Jun, 2022
    Investigadoras da UVigo desenvolven unha ferramenta para avaliar o cambio climático no Mediterráneo
    Medio Ambiente

    Investigadoras da UVigo desenvolven unha ferramenta para avaliar o cambio climático no Mediterráneo

    17 de Jun, 2022
    Medio cento de mozas e mozos participan na Xornada de Portas Abertas da UVigo
    Local

    Medio cento de mozas e mozos participan na Xornada de Portas Abertas da UVigo

    16 de Jun, 2022
    Unha guía en galego para non “desenrolar”, “xeralizar” nin “plantexar”
    Local

    Unha guía en galego para non “desenrolar”, “xeralizar” nin “plantexar”

    15 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Estos son los 22 lugares de Vigo que tendrán hogueras de San Juan autorizadas

    Estos son los 22 lugares de Vigo que tendrán hogueras de San Juan autorizadas

    por David Lorenzo
    21 de Jun, 2022
    0

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    por Redacción
    22 de Jun, 2022
    0

    Fallece un hombre en Vigo tras caer al agua con un vehículo en Beiramar

    Fallece un hombre en Vigo tras caer al agua con un vehículo en Beiramar

    por Redacción
    20 de Jun, 2022
    0

    Susto en el Álvaro Cunqueiro al saltar la alarma de incendios: “Puede ser necesaria la evacuación”

    Sobre el servicio de oncología del Hospital Álvaro Cunqueiro

    por Cartas al Director
    24 de Jun, 2022
    0

    -

    El Celta paraliza la renovación de un abonado que presentó una queja ante el Valedor do Pobo

    por EFE
    25 de Jun, 2022
    0
    El Celta paraliza la renovación de un abonado que presentó una queja ante el Valedor do Pobo
    Celta

    El Celta ha paralizado la renovación del abono de Iván Pombo, con una discapacidad física por la que se desplaza...

    Leer mas

    Cortan unha árbore en Vigo para facilitar o paso dun camión ao Pavillón do Carme

    por Redacción
    25 de Jun, 2022
    0
    Cortan unha árbore en Vigo para facilitar o paso dun camión ao Pavillón do Carme
    Local

    O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar publicamente a talla dunha árbore na rúa do Carme por parte de operarios...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR