«O remedio para todo son as vitaminas A, B e C. A A de apertas, a B de bicos e a C de caricias. Se todos as practicáramos máis, xa teriamos Goberno», asegurou Pulido entre aplausos e sorrisos.
Unha cincuenta persoas quixeron adiantar este mércores o Día Internacional da Aperta (21 de xaneiro), e non podía ser nun mellor sitio que a nova Praza de Peniche, nomeada Praza da Aperta e decorada cun mural de Antón Pulido.
Houbo apertas, moitas apertas, e tamén música. O Cuarteto Caramuxo foi o encargado de poñer as notas musicais ao acto.