O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este luns a humanización da última fase da rúa Camelias -entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade -, cun investimento de 2,1 millóns euros. Tal e como explicou na rolda de prensa posteiror, os traballos incluiron a renovación de pavimentación, de abastecemento, de redes de alumeado, melloras de seguridade viaria e a incorporación do carril bici. A obra tamén incorporou un novo espazo público e a demolición dun galpón.
Respecto das zonas verdes, respectáronse os camelios existentes -habilitando espazos axardinados – e plantouse un camelio exemplar no cruce de Camelias con Romil. O alcalde destacou que esta última fase da humanización eleva a 7,2 millóns o total do investimento na rúa ao longo de 2 quilómetros.