Regades mantivo esta mañá unha reunión na sede dos socialistas de Vigo na manifestou a sua total concordancia cos cinco puntos centrais desta reivindicación, desde a mellora das retribucións para a sua equiparación coa media do resto das comunidades autónomas, á consolidación das prazas para acabar coa interinidade, pasando pola reposición de postos de traballo que foron amortizados, a fin da discriminación no ámbito xudicial en comparación con outros corpos de funcionarios nos casos de incapacidade temporal e o abono do cento por cento das retribucións nos casos de substitucións dun corpo superior en aplicación do principio de igualdade e nondiscriminación.
O secretario xeral socialista denunciou tamén a incapacidade do vicepresidente da Xunta de Galicia e líder dos populares da provincia, Alfonso Rueda, para solventar unha situación que esta a crear graves prexuízos na poboación de Galicia en xeral e da provincia de Pontevedra en particular, xa que “a xustiza e un piar fundamental do estado de dereito e un factor de igualdade para as persoas” Ademais, Regades cualificou a negativa de Rueda a sentarse na mesa de negociación cos representantes dos empregados públicos da xustiza como “unha actitude impresentable que demostra a súa indignidade política”
Por último, o secretario xeral quixo facer fincapé en que “isto é unha clara demostración de que a dereita non quere unha xustiza de calidade e igualitaria” e que os socialistas “seguiremos ao lado das traballadoras e dos traballadores públicos, porque nós si creemos nuns servizos públicos de calidade”.