• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 1 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Regades: «Feijóo está irritado coa provincia porque é a máis socialista de Galicia»

    O secretario provincial dos socialistas anuncia unha nova etapa no PSdeG-PSOE na provincia marcada pola unidade e co reto de recuperar a Xunta de Galicia “en beneficio da xente”
    Redacción por Redacción
    12 de Feb, 2022
    en Local
    0
    Regades: «Feijóo está irritado coa provincia porque é a máis socialista de Galicia»

    Silva, Caballero, Regades e Formoso. / Fotos: PSdeG-PSOE

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O PSdeG-PSOE pechou este sábado en Vigo o seu 4º Congreso no que David Regades saíu fortalecido como líder dos socialistas da provincia. O secretario xeral asume o seu segundo mandato ao fronte da organización cunha Executiva renovada. «O obxectivo é empoderar á militancia para consolidar as maiorías absolutas municipais, gañar novas Alcaldías, recuperar a de O Porriño e afrontar novos retos como a maioría absoluta na Deputación e recuperar o goberno da Xunta en beneficio da xente”, destacou.

    Ese é o obxectivo marcado por David Regades neste congreso celebrado no auditorio Mar de Vigo e ao que asistiron un total de 500 persoas entre delegados e invitados. Entre eles, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Valentín González Formoso (secretario xeral do PSdeG), así como os secretarios xerais das catro provincias galegas, o delegado do Goberno en Galicia e a alcaldesa de Lugo.

    David Regades marcou o calendario de traballo dos socialistas da provincia coas eleccións municipais no punto de mira e argumentos dabondo para que os resultados «sexan ainda máis favorables» para o proxecto de transformación da provincia que defenden os socialistas.

    Agradecemento á militancia

    Na súa intervención Regades tivo palabras de agradecemento para os 2.700 militantes socialistas de Pontevedra representados na Executiva provincial que sae do «congreso da unidade», un factor que fortalece ao partido e evidencia a democracia interna da formación socialista. “Municipalismo, unidade e a loita pola igualdade. Eses son os piares que nos diferencian e que marcaron o crecemento do partido nos últimos catro anos”, explicou Regades.

    En datos, o secretario sinalou que se traduce no paso de 221 a 256 concelleiros na provincia; de 16 a 23 alcaldías; de 5 a 11 maiorías absolutas; dun 21% a un 32% do voto en Pontevedra nas eleccións xerais; de non ter ningún senador a 3; de 2 a 3 deputados en Cortes; de 4 a 5 deputados autonómicos desta provincia e de 10 a 13 deputados provinciais. Cifras que converten á provincia de Pontevedra no “graneiro electoral socialista” de Galicia e que favoreceron que alcaldes e alcaldesas cambiaran as cidades para as persoas.

    David Regades incluíu na súa intervención un recoñecemento os socialistas que faleceron nestes últimos catro anos e pediu que a súa traxectoria inspire aos que agora toman o relevo no reto da transformación social coa igualdade, a xustiza social e o feminismo como premisas. Unha responsabilidade que teñen que asumir os socialistas de Pontevedra fronte a unha Xunta e un Feijoo irritados coa provincia “porque é a máis socialista de Galicia e dalles sistematicamente as costas nas urnas”. 

    Ataques ás mulleres socialistas

    Tamén esixiu que cesen «os ataques do Partido Popular ás mulleres do Partido Socialista» que ostentan responsabilidades no mundo local e citou expresamente á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; a falecida alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e tamén á presidenta da Deputación, Carmela Silva.

    Como exemplo do «sectarismo» no goberno do PP na Xunta, Regades nomeou a falla de criterio na distribución dos fondos europeos Next Generation; o despilfarro dos fondos estatais Covid en propaganda política; a baixa execución dos fondos Feder e o Fondo Social Europeo ou a devolución de 70 millóns de euros dos 234 que recibiu do Goberno de España para apoiar a sectores afectados pola pandemia e que a Xunta non foi quen de repartir. «Sen esquecer o deterioro da sanidade e a educación pública, a falla de vivendas sociais e o abandono das persoas maiores durante a pandemia», apuntou.

    O secretario xeral do PSdeG-PSOE, que insistiu en que o de hoxe é “un día feliz” pola unidade total do partido, puxo como exemplo de xestión democrática e transparencia a Deputación de Pontevedra e debullou o programa de goberno con protección aos traballadores, autónomos e pemes; a creación do Salario Mínimo Vital; a aprobación da Lei de Eutanasia; a garantía de pensións dignas, a modernización da economía reindustrializando; a loita contra o cambio climático e o combate da violencia contra as mulleres.

    Caballero: «Vontade democrática»

    Abel Caballero avalou o xeito de David Regades de trasladar á cidadanía as políticas socialistas e como mostra puxo o propio Congreso “fruto dun proceso de unidade, no que o importante é que estamos todos e eso demostra respecto á vontade democrática, que vai máis alá da política e leva aos sentimentos; á nosa forma de saber a importancia que ten o que nos conta a xente”. Abel Caballero augurou unha exponencial subida electoral dos socialistas na provincia.

    Silva: «Sen insultos»

    Carmela Silva, presidenta da Deputación, tamén lanzou unha advertencia ao Partido Popular: “O PSdeG-PSOE vai cambiar Galicia, porque así nolo está pedindo a xente; porque as persoas queren que gobernen os que estamos ao seu lado”, con optimismo e positividade, “sen os graves insultos” que utiliza a cotío o Partido Popular.

    Tags: David RegadesPSdeGPSOE

    RelacionadosArtículos

    La Zona Franca de Vigo inicia este mes la cuarta edición de la incubadora High Tech Auto
    Economía

    La Zona Franca de Vigo inicia este mes la cuarta edición de la incubadora High Tech Auto

    07 de Jun, 2022
    Zona Franca espera firmar la llegada de Ikea a Vigo este año
    Economía

    Zona Franca espera firmar la llegada de Ikea a Vigo este año

    31 de May, 2022
    Homenaje póstumo a Carlos Castro en el Monte da Mina
    Local

    Homenaje póstumo a Carlos Castro en el Monte da Mina

    22 de May, 2022
    Las zonas francas de Vigo y Tenerife colaborarán para facilitar la llegada de empresas a sus territorios
    Economía

    Las zonas francas de Vigo y Tenerife colaborarán para facilitar la llegada de empresas a sus territorios

    13 de May, 2022
    El Gobierno de España trabaja en una “alternativa solvente” para el IEO de Vigo
    Local

    El Gobierno de España trabaja en una “alternativa solvente” para el IEO de Vigo

    05 de May, 2022
    Zona Franca de Vigo y los empresarios recogerán las propuestas en las principales capitales gallegas
    Economía

    Zona Franca de Vigo y los empresarios recogerán las propuestas en las principales capitales gallegas

    27 de Abr, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    por Redacción
    22 de Jun, 2022
    0

    -

    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora
    Música

    Vigo ha acogido con los brazos abiertos la celebración del Festival Latitudes. Era el único evento musical, dentro de los...

    Leer mas

    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado
    Gastronomía

    Vuelve a Vigo el evento veraniego ‘Solpor a Bocados’, organizado por la Asociación Vigo Gastronómico, que realizará el martes 5...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR