O alcalde asegurou estar «satisfeito» do funcionamento dos mercadiños de Bouzas e de Coia (A Bouza), onde «cada vez hai máis vendedores», e anunciou que o goberno de Vigo estuda «rebaixar as taxas a un euro por metro cadrado».
O obxectivo, afirmou Caballero, é ter unhas taxas de ocupación «uniformes e absolutamente accesibles» en función do interese dos cidadáns que alí compran. Así, os pagos sería dun euro por metro cadrado, cando ata o momento ascende a 1,4 euros no caso de Coia e a 2,05 euros no de Bouzas.