O obxectivo de todas estas accións é dimensionar o impacto que teñen as mulleres na sociedade é visibilizar que o mundo non pode progresar sen elas. Partindo destas premisas, os homes deberán acudir aos centros de traballo para colaborar coas mulleres para que vaian á folga e ás mobilizacións que se convoquen durante a xornada, deixando o protagonismo en exclusiva a elas.
O papel que se demanda dos homes no 8 de marzo pasa por:
- Realizar as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día impedindo que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Non fai falla que os homes teñan lazos familiares para isto. Sempre hai unha amiga, compañeira de traballo ou veciña á que suplir.
- Difundir e apoiar as convocatorias de folga e mobilizacións.
- Non facer folga nin paros.
- Facilitar que as mulleres acudan á folga.
- Visibilizar a folga de mulleres nos postos de traballo.
- Aportar economicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar ás compañeiras que vaian á folga.
En resumo, o rol masculino no 8-M baséase en dar todo o protagonismo nos espazos públicos e privados ás mulleres, acompañándoas na loita pola igualdade de xénero.
Artigo relacionado: ¿Cómo, cuándo, dónde y por qué son los actos del 8-M en Vigo?