Trátase dun proxecto que fai realidade o soño de peregrinar de persoas con diferentes necesidades especiais. Arrancou no 2009 con Gerardo, un mozo xordo-cego que fixo o seu primeiro camiño de Santiago desde sobre un triciclo tándem.
Este ano, como en 2014, virán pedaleando desde Roma ata Santiago. Nesta ocasión, participará Iván Bragado, un mozo deportista de Benavente, quen fará todo o percorrido, é dicir, 2.700 quilómetros divididos en cinco tramos.
Os participantes nesta particular peregrinación foron recibidos este venres no Concello polo alcalde da cidade, Abel Caballero.