Nun comunicado, AGAIA sinala que «as navieras que fan o servizo de transporte ó Parque Nacional, quenes proporcionan guías ós grupos de visitantes, contrataron a persoas sin a titulación esixida para realizar rutas guiadas neste espazo protexido. Dita titulación, o curso de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é un requisito indispensable para desenvolver a función de guías en el Parque Nacional».
A asociación denuncia que con esta práctica incúmprese o Plan Director de Parques Nacionais. «Este requisito está recollido no Real Decreto 389/2016, polo que se aproba o Plan Director da Rede de Parques Nacionais. No seu artículo 3.2.5 «Directrices relacionadas coa conservación e atención ó visitante», apartado K, se específica que o exercicio da actividade de guía nun parque nacional requerirá da habilitación mediante curso ou exame por parte da administración xestora de dito parque nacional», di o cuminacado.
AGAIA considera que este intrusismo pon en perigo os valores naturais do parque ao ser persoas sen a titulación esixida as que realizan os labores de guías. «Queremos conseguir, entre todos, realizar visitas guiadas de calidade, cumpriendo a normativa existente e permitindo un disfrute deste espazo natural por parte dos visitantes sin poñer en perigo os valores naturais e culturais deste Parque Nacional que tanto amamos os integrantes desta asociación», conclúe.