A medida, que se establece ata o 31 de decembro de 2018, foi tomada a pesar de que a entrada de asuntos non alcanzou o indicador nos dous últimos anos, pero a dedicación do órgano si superou o correspondente módulo nos períodos de 2016 (111 %) e 2017 (110 %).
O CXPX tamén aprobou reforzar a Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, cunha comisión de servizo sen relevación de funcións a favor de Luís Barrientos Monge, titular da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña. Para tomar esta decisión, a Comisión Permanente do CXPX tivo en conta a evolución e o estado do órgano a reforzar.
A dedicación da Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra superou o indicador, tanto en 2016 como en 2017, alcanzando un 133 % e un 115 %, respectivamente. Este reforzo estableceuse, inicialmente, por un período de seis meses.