O Pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores unha proposta do grupo municipal socialista para que instar ao Ministerio de Cultura a iniciar as conversas coa Morgan Library & Museum para recuperar as Cantigas de Martín Códax recollidas no chamado Pergamiño Vindel e que sexan adquiridas e restituídas á cidade de Vigo.
Os votos do grupo municipal socialista permitiron que a proposta saíse adiante. Ademais, os concelleiros do Partido Popular non compareceron no salón de plenos e os da Marea de Vigo abandonaron a sala despois de considerar que non había motivos para celebrar una sesión urxente e extraordinaria sobre o asunto.
No texto aprobado, ademais de pedir ao Goberno de España que negocie para recuperar o Pergamiño, tamén reclama á Xunta de Galicia que coopere na recuperación «dunha peza singular e irrepetible do patrimonio do patrimonio cultural vigués e galego». Por último, a proposta do Concello de Vigo ofrece toda a colaboración necesaria nas súas xestións ante a Morgan Library & Museum.
Antes de recibir o visto e prace do Pleno Municipal, o alcalde de Vigo destacou a sesión como un momento «histórico» para a cidade e sinalou que «iniciamos unha senda que terá como final o regreso do Pergamiño Vindel».