Ademais, por suposto, instálase unha nova área de xogos, baranda e chan de goma de cores. Na rúa -unha das máis densamente poboadas de Vigo- tamén se están a substituír 1,5 quilómetros de tubaxes de abastecemento.
Así, os estudantes dos tres colexios próximos e os veciños da zona poderán gozar en menos dun mes do parque remodelado.
A esta obra sumarase a principios do mes de xuño é a humanización integral da rúa a propósito da construción do carril bici, desde a Praza do Bicentenario ata a confluencia con Pizarro.
O carril bici vaise desenvolver en cinco fases construtivas e o orzamento elévase a case seis millóns de euros, que son sufragados pola Deputación e o Concello, nun 60% e nun 40%, respectivamente.