A idea é que os colectores non estean na rúa senón que soamente permanezan na vía pública no momento da recollida.
O contrato contempla tamén a utilización de vehículos e medios de limpeza «ecoloxicamente efectivos» co nivel mínimo posible de emisións para substituír aos antigos de combustibles fósiles tradicionais.
Ademais, establecerase un punto limpo móbil, cuxo servizo de recollida se activará coas chamadas dos usuarios para a recollida no domicilio de residuos reciclables, tóxicos, perigosos, contaminantes e tamén para os aparellos electrónicos e eléctricos.