Este ano como novidade, e para evitar colas, os interesados en viaxar no ‘Nadal Bus’ poderán facer a reserva a través da páxina web de Vitrasa dunha forma moi sinxela indicando día, hora e ruta e poderá pagarse coa Pass Vigo, introducindo o número de tarxeta na aplicación online, cos descontos respectivos de cada usuario en función da súa categoría (estándar, xubilado, universitario…)
Para aqueles que non dispoñan da Pass Vigo, os domingos, luns, martes, mércores, xoves e festivos o coste da viaxe será de 5 euros e os venres, sábados e vésperas de festivos, será de 7 euros. Os nenos ata os 3 anos incluídos viaxarán de balde.
O bus ‘Cometa’ tamén formará parte deste servizo e estará instalado no centro realizando a función de billeteira para facer ‘in situ’ a reserva do día en curso. O ano pasado foi o primeiro ano do ‘Nadal Bus’ no que viaxaron máis de 15.000 persoas de diferentes destinos.
As cinco rutas, de entre 40 minutos e 1 hora de duración aproximadamente, comezarán e finalizarán en Policarpo Sanz, 12 (fronte a Casa das Artes) e realizarán os seguintes percorridos:
RUTA CENTRO
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz
RUTA TRAVESAS – BALAÍDOS
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Florida – Manuel Castro – Estadio Balaídos – Avd. Balaídos – Avd. Castrelos – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz
RUTA CALVARIO
Policarpo Sanz – Urzaiz – Gran Vía – Plaza España – Pizarro – Urzáiz – Gregorio Espino – Jenaro de la Fuente– Rotonda Calle Aragón – Jenaro de la Fuente – Llorones – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz
RUTA TEIS – CALVARIO
Policarpo Sanz – García Barbón – Sanjurjo Badía – Travesía de Vigo – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz
RUTA TRAVESAS – BOUZAS
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Avd. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga – Tomás Alonso – Paulino Freire – Bouzas – Beiramar – Coruña – Plaza Eugenio Fadrique – Torrecedeira – R. Gaiteiro – Berbés – Cánovas del Castillo – García Olloqui – Reconquista – Policarpo Sanz