Concretamente, a vivenda ofertada na rúa Subida á Costa número 5 recibiu 54 solicitudes, das que sete foron excluídas ao non cumprir cos requisitos, polo que a cifra admitidos queda polo de agora en 47 persoas. En canto a Subida ao Castelo número 12 presentáronse outros 54 aspirantes para as catro vivendas dispoñibles, con 45 admitidos e nove excluídos.
Todos os solicitantes non admitidos poderán reclamar ata o día 11 de febreiro ante eses mesmos servizos para emendar os posibles erros na documentación presentada. Unha vez finalizado este proceso de revisión, o IGVS procederá a publicar as listaxes definitivas de admitidos e convocará o concurso público, realizado ante notario, no que se establecerá a orde de adxudicación das vivendas.
As promocións de Subida ao Castelo e Subida á Costa, que entran na fase final de adxudicación, supuxeron para o ente público un investimento de máis 500.000 euros.