O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a medida, ao tempo que reclamou ao goberno galego que aprobe a actuación por trámite de urxencia por entender que se trata dunha obra «imprescindible» para asegurar o abastecemento de auga a Vigo e toda a súa comarca.
«Estamos ante unha obra necesaria e imprescindible, axustada á lei», insistiu Caballero, que explicou que existía un acordo entre Concello e Xunta de Galicia no que a administración local asumía o 80 por cento do custe dos traballos e preguntouse cales foros os motivos polos que cambiou de decisión e decidiu que se faga pola vía ordinaria, de forma que tardará varios meses máis en levarse a cabo.
«O problema da auga en Vigo chámase abastecemento en alta para que chegue á potabilizadora e desde alí a toda a cidade e aos municipios da comarca», explicou o rexedor vigués.
O alcalde engadiu que a situación de seca en Vigo e en toda Galicia pode repetirse debido a un época sen choiva, polo que urxe tomar medidas. «A Xunta sabe que a presa de Eiras solo é suficiente para abastecer Vigo, pero non a outros dez municipios, explicou.