O ciclo de ponencias comezará este martes, 23 de xaneiro, na sala Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), onde Manuel Joaquín Reigosa, profesor da Universidade de Vigo, falará de ‘A guerra perfecta das plantas’.
As charlas continuarán o 5 de febreiro con Carlos Núñez (‘O consumo do soño celta’), o día 8 de febreiro con Eduardo Rolland e Ledicia Costas (‘Un vigués chamado Verne’) e o día 23 de febreiro con Xosé Manuel Souto (‘Vigo no centro do Eixo Atlántico do noroeste peninsular’). Todas elas arrancarán as 19.30 horas.
En total será unha vintena de charlas (dous ao mes, excepto os meses de verán) e a temática das conferencias será moi variada: temas históricos, medioambientais, económicos, xurídicos, patrimoniais e artísticos.