Esta vía discorrerá en paralelo á solicitude de aplicación da Lei 3/2016 -coñecida como Lei Vigo- á Xunta de Galicia mais, “como sabemos que porá obstáculos”, asegurou o alcalde, o Concello impulsa tamén o cambio no Plan Xeral vixente.
O rexedor vigués cualificou a reunión con Guirao como un “paso importantísimo” para que Vigo conte cunha Biblioteca do Estado, pois o Ministerio fai propio o proxecto do Concello, que prevé a súa construción nunha parcela de 3.700 metros cadrados de superficie.