En declaracións previas á entrega de premios, Abel Caballero recordou que o Concello que preside xa está traballando na reforma do Mercado de Teis, co proxecto de rehabilitación «prácticamente redactado».
Segundo adiantou o alcalde, o documento contempla a renovación do pavimento, a reforma e adaptación dos baños, o pintado interior e exterior, e unha mellor distribución no entorno, porque «chegou a hora da reforma do Mercado de Teis».
Caballero participou este mércores na entrega de premios da cuarta edición da Ruta de Pinchos de Teis, onde tomaron parte un total de 17 locais. O alcalde garantiu a cooperación do Concello coa Asociación de Comerciantes de Teis e co Centro Comercial Aberto, responsables da organización.