O goberno de Vigo informou de que ve «axeitado» o reparto dos custos preacordado, segundo o cal ao Concello lle correspondería asumir o 50% do custo do futuro túnel de Lepanto á estación de autobuses, así como o custo íntegro do derrubo do actual paso elevado de Alfonso XIII.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valora como “moi convinte” a desmontaxe do paso elevado e manifesta que o resultado da reunión “é o que agardábamos e está practicamente todo acordado”, polo que concluíu que “seguimos progresando nun dos grandes proxectos da historia da cidade”.