Para poder participar é preciso reservar praza inscribíndose de forma presencial no Centro de Recepción de Visitantes da Estación Marítima de Ría, que permanece aberta de luns a domingo entre as 10.00 e as 17:00 horas.
Personaxes como Concepción Arenal ou Cachamuíña serán os guías caracterizados destas visitas que dan a coñecer a historia e a riqueza patrimonial e natural de Pereiró ao longo de catorce xornadas que comezan esta fin de semana -venres 20, sábado 21 e domingo 22-, que continúan do 27 ao 31 de outubro e que se prolongan as fins de semana do 3, 4 e 5 de novembro e o 10, 11 e 12 de novembro.