Este feito prodúcese logo da firma da resolución definitiva da declaración de ineficacia da comunicación previa de actividade da compañía, cuxas alegacións foron desestimadas.
O Goberno municipal prohibe exercer a actividade pretendida e reitera á citada empresa a orde de cese que debe cumprir nun prazo máximo de 48 horas desde a notificación desta resolución.
A este respecto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que no caso de que se constate o incumprimento da orde procederase á súa execución subsidiaria mediante o precintado do establecemento e o corte de subministro dos servizos de auga e electricidade, entre outros.
Ademais, engadiu que, malia as peticións veciñais de apresuramento, neste procedemento era imprescindible cubrir ben a legalidade da tramitación e respectar os prazos que marca a lei así como facer as notificacións oportunas para evitar unha posible paralización xudicial posterior.