Deste xeito, procúrase garantir que ningún alumno quede excluído dos seus estudos por circunstancias que poidan dificultar o seu acceso ou permanencia na ensinanza superior. Este programa, que correrá a cargo da propia institución académica viguesa, inclúe «de forma moi importante» axudas de comedor, segundo anotou o alcalde, Abel Caballero.
As bases do plan terán en conta, polo tanto, o nivel de renda económica dos solicitantes e as súas condicións especiais, como por exemplo ser vítima de violencia de xénero, tal e como especificou o rexedor vigués, que valorou esta «boa experiencia» que promove o Concello coa Universidade.
Teis
Ademais, este xoves quedou aprobada a mellora do proxecto de reconstrución dun muro á altura do número 10 de Baixada á Igrexa, en San Salvador de Teis. O Goberno local acordou modificar o proxecto inicial ampliando ata os tres metros o ancho do camiño ao longo de 35 metros, cando inicialmente era de 25 metros.
Con esta decisión, adoptada logo de conversas con veciños da zona, se consegue mellorar a estabilidade do terreo e facilitar a circulación rodada pola vía.