Por ese motivo, o Concello de Vigo deu conta este venres das medidas en materia de tráfico que se tomarán, tendo en conta a recomendación, na medida do posible, de evitar a zona pola que pasa a procesión na que participan milleiros de persoas.
O tráfico irá cortándose a medida que avance a comitiva pero que a experiencia de anos anteriores di que, a partir das 16:30 horas, é necesario cortar o tramo en superficie de Cánovas del Castillo en dirección Montero Ríos, dada a afluencia de xente que realiza o percorrido de forma individual e que ocupa parte da calzada. Con todo, os coches poderán seguir circulando polo túnel mentres a procesión non chegue a esa zona.
O Concello pediu a colaboración cidadá ante a celebración deste evento excepcional que afectará á normal circulación de vehículos este domingo.