“Cos datos recollidos, o goberno municipal elaborará un estudo que será exposto ante a cidadanía para trasladarlle a necesidade respectar as velocidades máximas establecidas”, aclara o Concello, que desenvolverá “unha campaña de concienciación para que os condutores entendan a obrigatoriedade de respectar as velocidades máximas nas diferentes zonas da cidade”.
Así, segundo a administración local, a instalación de máquinas de medición nada ten que ver con sancións senón que se busca coñecer as velocidades medias de circulación para realizar a mencionada campaña de concienciación cidadá.