O concelleiro puxo en valor que o Concello cubre así a demanda existente e dá resposta a todas as solicitudes. Font aclarou que a responsabilidade da concesión destas axudas aos libros e o comedor escolar é da Xunta de Galicia, «desaparecida» en Vigo. O edil engadiu que o Concello adica este ano 7,3 millóns de euros de apoio á alimentación e aos comedores.
No conxunto da política social, Vigo conta co «orgullo» de ter a «mellor política social de España», valorou Font. O responsable municipal detallou algunhas das partidas e puxo énfase no centro de inclusión e emerxencia social, aberto polo Goberno de Vigo en plena crise económica e «novamente competencia da Xunta de Galicia». O Concello adica ao efecto 800.000 euros.
Ademais, a cidade de Vigo destina 238.000 euros a comedores sociais, 70.000 euros ao programa Xantar na Casa, o Servizo de Axuda no Fogar ten un orzamento de 4,5 millóns de euros, 2,5 millóns para o cheque social de alimentación, vivenda e enerxía, os 1,5 millóns para CEDRO ou os 71.000 euros para a teleasistencia.
«Hoxe máis que nunca, cando máis o precisan os padres neste inicio de curso escolar», concluíu o concelleiro, «o que tería que cubrir a Xunta de Galicia quen o cubre é este Concello, ano tras ano».