O edificio estará emprazado entre as rúas Fernando Conde e Areosa e aparte das vivendas incluirá os seus 32 respectivos rochos, un local comercial e 45 prazas de garaxe.
O orzamento de execución da obra ascende aos 2,5 millóns de euros para unha superficie total construída de máis de 6.700 metros cadrados.
Ademais, a promotora encargada do proxecto urbanizará máis de 500 metros cadrados de superficie peonil e reconstruirá dúas escaleiras que comunican a rúa Areosa coa Praza Elíptica.