Os traballos iniciaranse na baixada á Praia de Saiáns e continuarán polas rúas Cabada, Babío, Balde e Barreira en Beade; Costa Peteta e Riobóo en Sárdoma; Naia, Sabaxáns, Pardavila, Vello, Santa Cristina, Cortellas e Camiño Pombal en Lavadores; Segade en Bembrive; Rabadeira en Candeán; Doutor Corbal en Teis, Camiño Río da Barxa en Coruxo; Estrada Igrexa Roteas en San Miguel de Oia e Estrada da Costa en Valadares.
Además, en Cabral vanse renovar as rúas Chamuscada, Becerreira, Rúa Figueiras e Santa Marina. Mentres, en Alcabre acometeranse melloras no Camiño Fontes e no Camiño Turido. Finalmente, en Matamá actuarase en Manuel Cominges e Carrazóns.
Igualmente, o goberno municipal traballa estes días en diferentes vías do rural. Concretamente, en Cabral (Fontiñas de Abaixo e Regueira), Lavadores (Subida a Sello), Matamá (Camiño Ribas) e Beade (Seixo) logo de finalizar os traballos en Fragoselo e Camiño Rial.