O percorrido da marcha abranguerá as rúas Ufas, Teixugueiras, rotonda do Eroski, rotonda da VG-20, A Cañiza, O Porriño, avenida de Castelao, Redondela e Baiona para rematar no IES Alexandre Bóveda.
Con esta manifestación, as familias do centro queren demostrar á administración o “sinxelo que sería o desprazamento que farían os nosos fillos desde o noso barrio ao seu centro de secundaria máis próximo, en lugar de adscribilos a outro situado a 10 quilómetros dos seus fogares”.
A ANPA fixo un chamamento a toda a veciñanza para secundar a protesta coa súa presenza e facerse oír co ruído de asubíos ao longo do traxecto.