Trátase de dúas novas vivendas, de dous dormitorios a primeira e tres a segunda, coas que se lle da resposta a crecente demanda de pisos de máis habitacións. Ocupan unha superficie ao redor de 118 metros cadrados.
O presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, indicou este xoves que deste xeito “continuámolo noso traballo coa execución de dous novos edificios que se suman aos que xa temos en marcha nestes intres e que se corresponden con Subida ao Castelo 12 e Subida Costa 5, de xeito que non tardaremos en ter catro inmobles en obras”.
Neste senso, fixo referencia ao último Consello de Administración do CCVV no que se acordou iniciar os trámites para solicitar a prórroga do convenio subscrito entre as administracións local e autonómica por un espazo temporal de sete anos, o maior acordado ata o de agora.
Na devandita cita, o organismo presentou o plan de actuación 2018-2024 cunha inversión prevista que supera os 15 millóns de euros. Os investimentos previstos levaranse a cabo nas zonas alta e baixa do casco histórico vigués e permitirán ter rehabilitados 5.382 metros cadrados de vivendas e 1.882 de locais.