O concelleiro Xabier P. Igrexas informou de que se dirixirán ao Goberno municipal para que inste á empresa responsable a retirar inmediatamente os carteis e que se lle apliquen as sancións que correspondan.“O maltrato e a tortura animal non son ningunha manifestación cultural. As touradas son unha expresión de brutalidade que non se corresponde cunha sociedade civilizada que cada vez demanda un maior respecto para o benestar animal”, explicou Igrexas.
O voceiro nacionalista puxo en valor que Vigo fose a primeira cidade galega en prohibir a realización de espectáculos con animais no termo municipal.
No entanto, chamou a avanzar nesa mesma liña e a evitar que empresas que fan negocio de torturar animais se poidan anunciar nas rúas da cidade incumprindo as ordenanzas municipais.