• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 14 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O BNG de Vigo demandará no Pleno medidas contra a suba da luz

    Reclaman que se reduza, de maneira permanente o IVE ao 4%, a retirada de impostos e peaxes que non teñen a ver co consumo, a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega e a creación dunha empresa pública galega de enerxía
    Redacción por Redacción
    29 de Jun, 2021
    en Local
    0
    Una ordenanza viguesa prohíbe usar los electrodomésticos en la franja eléctrica más barata
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Bloque Nacionalista Galego levará a problemática derivada do incremento da factura eléctrica ao Pleno do Concello de Vigo. A fronte nacionalista rexeita a modificación tarifaria recentemente aprobada polo Goberno español. Ademais, diante das insuficientes medidas correctoras adoptadas polo executivo de Madrid, reclaman que se reduza, de maneira permanente, o IVE ao 4%, a retirada de impostos e peaxes que non teñen a ver co consumo, e a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega que rebaixe os custes e a creación dunha empresa pública galega de enerxía.

    O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentou este martes en rolda de prensa a moción que someterán a debate e votación no Pleno do Concello convocado para este mércores.

    Igrexas criticou a recente modificación tarifaria aprobada polo Goberno español polo seu «grave impacto» tanto para persoas consumidoras como para o tecido empresarial e comercial. «As novas tarifas van encarecer a factura eléctrica até máximos históricos, e segundo organizacións de consumidoras e consumidoras, iso pode traducirse en aumentos dos custes de até 28 euros mensuais», advertiu. Esta modificación é especialmente lesiva para aquelas persoas que estaban abonadas a réximes de consumo por discriminación horaria, xa que co novo sistema poderían ver incrementadas as facturas por volta dun 30%.

    O portavoz municipal nacionalista alertou, ademais, do impacto que este incremento de custos enerxéticos terá no sector da hostalaría, o comercio e o conxunto das PEMEs, que polas características da súa actividade, concentran o consumo eléctrico nas faixas horarias máis caras.

    Intervención pública

    Para o BNG as medidas correctoras aplicadas nos últimos días polo Goberno español de PSOE e Unidas Podemos fronte a tendencia alcista dos prezos son «claramente insuficientes». «Non abonda con rebaixar o IVE ao 10% durante un semestre, nin aplicar un tipo do 0% no imposto de produción eléctrica durante apenas tres meses. Cómpre despregar unha actuación decidida desde o público atendendo ao carácter de ben esencial da enerxía eléctrica», reclamou Igrexas. «O debate non pode ser a que hora hai que poñer a lavadora, senón porque os custes eléctricos de poñela son agora un luxo inasumíbel para as familias traballadoras», acrecentou.

    Con ese obxectivo a moción nacionalista insta o Goberno español a aplicar unha redución, permanente, do IVE ao 4% %, a eliminar o imposto especial do 5,11%, que se impida que se repercuta o imposto de produción sobre as persoas consumidoras, así como se retiren da factura os cargos e peaxes que non teñen unha relación directa co consumo eléctrico, como as primas ás renovábeis ou os custos extrapeninsulares que deberían ser asumidos con cargo aos Orzamentos Xerais do  Estado.

    Por outra parte,  Igrexas defende a necesidade de abordar unha «reforma integral e estratéxica do sistema eléctrico», que permita despregar unha intervención pública para poñer a produción de enerxía ao servizo do desenvolvemento social e económico do noso País, e que permita garantir o acceso a este subministro esencial a todas as familias, combatendo, de vez, a pobreza enerxética que sofren preto do 15% dos fogares galegos mentres as grandes compañías do oligopolio eléctrico rexistran beneficios mil millonarios. «Dicímolo alto e claro: os dereitos das persoas deben estar por riba da conta de resultados das grandes empresas eléctricas», enfatizou.

    Neste sentido, as nacionalistas avogan pola creación dunha empresa enerxética pública galega, que no inmediato incorpore a xestión dos encoros cuxa concesión vai vencer, así como a participación directa noutras modalidades de xeración eléctrica, para «socializar os beneficios».

    Tarifa eléctrica galega

    A moción do Bloque volve urxir tamén a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, que permita que as familias traballadoras e o tecido produtivo do País se beneficien do feito de que Galiza sexa produtora neta de enerxía.

    «Galiza é rica en electricidade pero non nos permiten beneficiarnos desa riqueza. Ao contrario, familias e PEMEs pagan cada vez máis pola factura da luz e iso malia soportarmos os custes ambientais e sociais que a produción de electricidade supón para o País, en forma de encoros, de máis de 4 mil aeroxeradores en 106 concellos e a nova ameaza depredadora do boom eólico que promove a Xunta» explicou Pérez Igrexas.O portavoz municipal nacionalista defendeu que ter unha tarifa eléctrica propia non é nada «nin estraño nin extraordinario», tal e como demostra que Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia, Suíza, Alemaña, ou o Reino Unido, xa conten con tarifas diferenciadas e con prezos máis baratos nas zonas produtoras.

    Tags: BNG de VigoelectricidadLuzpleno municipalTarifa

    RelacionadosArtículos

    Denuncian vertidos al río en Vigo y señalan a los sondeos para el nuevo túnel a O Porriño
    Local

    El BNG pide explicaciones a Xunta y Concello por los vertidos a los ríos Barxa e Eifonso

    08 de Ago, 2022
    O BNG propón a gratuidade do Vitrasa para menores de 14 anos e persoas desempregadas
    Local

    O BNG propón a gratuidade do Vitrasa para menores de 14 anos e persoas desempregadas

    01 de Ago, 2022
    Justicia y dolor por el ‘Villa de Pitanxo’: las familias piden bajar al pecio y «no tapar la verdad»
    Local

    O BNG de Vigo preguntará a Caballero que xestións realizou sobre o ‘Villa de Pitanxo’

    24 de Jul, 2022
    O BNG desprega no Berbés unha bandeira xigante de Galicia
    Local

    O BNG desprega no Berbés unha bandeira xigante de Galicia

    16 de Jul, 2022
    «As luces de Nadal van alumear moitos comercios pechados e empregos destruídos», advirte o BNG
    Local

    O BNG de Vigo propón un Bono de Consumo para axudar ás familias e ao comercio local

    13 de Jul, 2022
    O BNG de Vigo reclama máis peonalizacións como a do Calvario e menos como as de Caballero
    Local

    O BNG de Vigo reclama máis peonalizacións como a do Calvario e menos como as de Caballero

    10 de Jul, 2022

    Más Vistos

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0

    Vigo ya tiene Praza Maior

    Vigo ya tiene Praza Maior

    por Julio Alonso
    09 de Ago, 2022
    0

    Vigueses en el infierno del Barbanza: «Pensábamos que lo perdíamos todo»

    por EFE
    09 de Ago, 2022
    0
    Noche sin tregua por los incendios en Barbanza y Canicouva; controlado en Arbo
    Local

    En el cámping Ría de Arousa, en Ribeira, reina la tranquilidad tras una noche de agosto que muchos recordarán como...

    Leer mas

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0
    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»
    Música

    Lola Índigo confiesa en Castrelos un episodio íntimo de su vida dando una lección de vida a sus seguidores

    Leer mas

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0
    Sting versus Nathy Peluso
    Música

    En el concierto de Sting en Castrelos la noche de ayer servidor asistió sin acreditación, mezclado en la abundante masa...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR