• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 6 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Medio cento de empresas participan en Vigo na primeira edición de EmpregoInCampus

    Bimba y Lola, Cuatrecasas, Garrigues, Nueva Pescanova, Deloitte, Eulen, Randstad ou Ernst & Young son algunhas das firmas con presenza estes días no campus
    Redacción por Redacción
    27 de Abr, 2022
    en Local
    0
    Medio cento de empresas participan en Vigo na primeira edición de EmpregoInCampus

    Participantes nunha das actividades complementarias á feira. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Bimba y Lola, Cuatrecasas, Garrigues, Nueva Pescanova, Deloitte, Eulen, Anfaco-Cecopesca, Randstad, Ernst & Young, Olsen & Lancaster Partners, Rinoceronte editora… máis de 40 empresas e institucións participan esta semana no campus de Vigo na I edición da Feira Internacional EmpregoInCampus, unha nova iniciativa impulsada pola Área de Emprego e Emprendemento coa que a UVigo busca pór en contacto, nas propias instalacións de cada un dos tres campus, a titulados e tituladas e estudantes de último curso con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias.

    A iniciativa arrancou este mércores na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais cunha feira especializada no ámbito xurídico-empresarial, de linguas nos negocios e comercio e a idea é celebrar outras tres edicións o vindeiro mes de outubro: unha no campus de Ourense, outra en Pontevedra e unha nova sesión en Vigo específica para o ámbito científico e biotecnolóxico.

    “Quero agradecerlles a todas estas empresas que se rexistraran na feira e que cheguen aquí cun abano dunhas 60 ofertas laborais para os nosos estudantes e recén titulados”, salientou na inauguración a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria Natalia Caparrini, que estivo acompañada polos decanos dos centros involucrados: Francisco Torres, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo; José Montero, de Filoloxía e Tradución, e Santiago Gómez Fraiz, vicedecano de Organización Académica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que acudiu en representación do decano Miguel Ángel Crespo, a quen escusaron por motivos de saúde.

    Contouse ademais coa participación de Teresa González Ventín, coordinadora do Eures Transfronteirizo Galicia-norte de Portugal, que, “xunto co Consello Social e o Concello de Vigo apoian economicamente este evento”, tal e como lembrou a vicerreitora.

    Máis de 200 personas

    Con máis de 200 alumnas e alumnos rexistrados, “probablemente a esta hora xa sexan moitos máis”, admitiu a vicerreitora, o ir e vir de persoas foi constante ao longo de toda a mañá polos corredores da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde se situaron os postos das empresas, e de Ciencias Xurídicas e do Traballo, onde se levaron a cabo parte das actividades complementarias.

    “Esta feira é a transformación de distintas actividades que xa se viñan realizando na Universidade de Vigo, tanto feiras que as propias escolas e facultades organizaban para os seus estudantes, como da feira de emprego internacional que se realizaba desde a Área de Emprego, tamén co apoio de Eures, e que se celebrou por última vez no 2019 nas instalacións do Ifevi”, explicou a vicerreitora, quen fixo fincapé en que todas estas actividades se foron reformulando para “unir esforzos” e perseguindo dous obxectivos claros: por unha banda, facilitar a asistencia do alumnado e, polo outra, conseguir que as empresas se acheguen aos propios campus e que coñezan a vida universitaria.

    “Para nós esta é unha oportunidade única para achegar as necesidades das empresas aos nosos estudantes e tamén para que as empresas coñezan o que se fai aquí”, explicou o decano de Ciencias Xurídicas, Francisco Torres, quen, xunto aos outros participantes na inauguración, agradeceron o labor realizado polo profesor Jorge Falagán, en anteriores feiras de emprego. “Pola nosa banda estamos encantados de incorporarnos a este tipo de actividades”, salientou o decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, José Montero, que fixo fincapé en que os tres graos que se imparten neste centro deben ter unha forte relación co ámbito empresarial.

    Programa complementario

    Ademais das propias actividades nos postos das empresas, cada unha das edicións da feira irá acompañada dunha xornada de orientación laboral e estarán complementadas cun amplo programa de seminarios e obradoiros “de moitísimo interese tanto para o alumnado actual como para os recén egresados e egresadas”, tal e como subliñou a directora da Área de Emprego e Emprendemento Maruxa Álvarez.

    Neste caso as actividades arrancaron xa o pasado luns na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo cunha charla do profesor de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela Miguel Anxo Bastos, titulada Educación, economía e traballo: presente e futuro. A partir de aí o programa complementario de actividades incluíu diferentes obradoiros, seminarios, presentacións de entidades colaboradoras…

    O martes os obradoiros e seminarios centráronse na preparación dos candidatos: como deseñar o teu curriculum vitae, oratoria e técnicas de presentación, como afrontar un proceso selectivo… Hoxe mércores, coincidindo coa apertura dos postos das empresas, celebráronse varias presentacións de entidades colaboradoras (Deloitte, Ernst & Young e Abanca) e a mediodía tivo lugar unha mesa redonda na que sete egresados e egresadas da UVigo contarán “en primeira persoa” a súa experiencia no mundo laboral nunha mesa redonda moderada polos profesores da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Xosé Manuel Pacho e Belén Fernández Docampo.

    O intenso programa de actividades prolongarase ata o xoves pola tarde, incluída a presentación do ciclo Xoves con Chicha e Limoná coa participación de Brais Armiño, alumni da Escola de  Enxeñaría de Minas e da Enerxía da Universidade de Vigo, consultor  en tecnoloxías emerxentes de hidróxeno e socio fundador de #AtlantHy, que impartirá a charla Desenvolvemento da economía do hidróxeno verde. Será ás 16.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

    Tags: EmpleoFeira internacional EmpregoinCampusUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O Programa para Maiores da UVigo abre o prazo de preinscrición para o próximo curso
    Vigo

    O Programa para Maiores da UVigo abre o prazo de preinscrición para o próximo curso

    06 de Jul, 2022
    A Uvigo busca empresas que queiran retar o seu alumnado máis innovador
    Local

    A Uvigo busca empresas que queiran retar o seu alumnado máis innovador

    05 de Jul, 2022
    Vigo convértese en epicentro do debate sobre estudos literarios, culturais e de tradución
    Local

    Vigo convértese en epicentro do debate sobre estudos literarios, culturais e de tradución

    04 de Jul, 2022
    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente
    Local

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente

    01 de Jul, 2022
    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña
    Ciencia y Tecnología

    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña

    30 de Jun, 2022
    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo
    Local

    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo

    29 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Las fiestas de Bouzas desvelan su programa: cinco orquestas, fuegos y noria

    Las fiestas de Bouzas desvelan su programa: cinco orquestas, fuegos y noria

    por David Lorenzo
    04 de Jul, 2022
    0

    Las termas de Salvaterra de Miño reabren con 22.000m2 de espacio de ocio y recreo

    Las termas de Salvaterra de Miño reabren con 22.000m2 de espacio de ocio y recreo

    por Redacción
    01 de Jul, 2022
    0

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    por Redacción
    30 de Jun, 2022
    0

    -

    Ed Rush encabezará un homenaje a Sly en Vigo

    por Redacción
    05 de Jul, 2022
    0
    Ed Rush encabezará un homenaje a Sly en Vigo
    Música

    Con un cartel que reza ‘Eterno Sly’, la frase que desde hace un tiempo inunda las redes sociales y las...

    Leer mas

    Las entradas para Sebastián Yatra en Castrelos saldrán a la venta este miércoles

    por David Lorenzo
    04 de Jul, 2022
    0
    Las entradas para Sebastián Yatra en Castrelos saldrán a la venta este miércoles
    Música

    Sigue desvelándose a cuentagotas la información sobre los conciertos de Castrelos. El Concello de Vigo ha anunciado que pondrá a...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR