Nestes momentos, o Concello está rematando o documento que se someterá a aprobación inicial que, posteriormente, será enviado á Xunta de Galicia para recabar os informes sectoriais pertinentes para, a continuación, someterse a exposición pública. Unha vez informadas as alegacións, procederase á aprobación definitiva.
Ao tempo que se desenvolve a tramitación administrativa, o Concello está a traballar coa Zona Franca no convenio de colaboración. Unha vez enviado o borrador ao Consorcio, o consistorio está a agardar polas achegas que queiran incluír no documento.