O grupo municipal da Marea de Vigo saiu este luns ao paso da polémica suspensión do Celta-Real Madrid e sinalou que «por enriba dos arranxos que se poidan levar a cabo, defende, tal e como lle expresou tamén a Carlos Mouriño no seu día, a construción dun novo estadio, onde os terreos fosen cedidos polo Concello, contase ademais coa lóxica participación de Zona Franca, e dicir, con posibilidades de explotación dos locais co correspondente retorno económico, así como para o propio Concello, que, neste caso, subscribiría un novo convenio co clube e/ou recollería unha parte da venda das entradas».
Con respecto ao acontecido este fin de semana, sinala Xose Lois Jácome, “pedimos que haxa sentido común e non se faga demagoxia sobre o tema, posto que a seguridade, tanto das e dos traballadoras e traballadores que están no estadio como do público, é prioritaria sobre a celebración do propio partido”.
«Alén disto, e con independencia de que a obra que esta orzamentada váiase facer, hai que reparar as estruturas canto antes para poder evitar futuras cancelacións e garantir a seguridade tanto das persoas que están traballando no estadio coma do público», engade a Marea.