Marea de Vigo quere ademais que o consistorio colabore coa iniciativa facilitando que as mulleres traballadoras do consistorio e das concesionarias municipais poidan exercer do seu dereito á folga se así o desexan. Igualmente, piden que o Concello axude a difundir a folga e chame á veciñanza á participación.
«Este ano queremos incidir dun xeito especial para que se tomen en serio as reivindicacións das mulleres, esixíndolle ao Partido Popular a aplicación de políticas reais de igualdade, mais aló de baleiras declaracións de intencións. As mulleres tomaremos as rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo senón que tamén é necesaria a súa transformación. Unha transformación estrutural e transversal que mude o patriarcado por xustiza e igualdade», expresa Marga López Barreiro, concelleira do grupo municipal da Marea de Vigo.
Pola súa banda, Quinteiro puxo enriba da mesa varios dos motivos que levan á folga do 8 de marzo. «As desigualdades marcan todos os ámbitos das nosas vidas. Cunha fenda salarial do 22%, o traballo asalariado para as mulleres é moito máis precario que o dos homes, mais as desigualdades tamén están nos fogares. O traballo reprodutivo e de coidados tamén debería socializarse, pórse en valor e ser redistribuídos no conxunto da sociedade», destacou a deputada.
Barreiro engadiu ademais a valoración da Marea de Vigo sobre as declaracións que recentemente teñen dado diferentes persoeiros do Partido Popular con respecto á folga feminista do 8 de marzo: «Chama moito a atención o seu argumentario contra a folga, xa que reflicte un descoñecemento total do que é o feminismo, como exemplo as declaracións do secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, cando afirma que a folga non é unha medida axeitada por reducir á problemática a unha guerra de sexos».
? @MargarolaVigo e @pau_qa sobre a #FolgaFeminista deste 8 de Marzo. No Pleno de mañá @MareaVigo presentará unha moción en apoio á #FolgaFeminista. ?? pic.twitter.com/OvcSA4h0ic
— Marea de Vigo (@MareaVigo) 27 de febrero de 2018