Para a Marea de Vigo este feito, sendo certo, obriga cando menos a preguntarse “se se están a auditar realmente os custes da concesión e os motivos polos que Vigo paga máis polos mesmos colectores que outras cidades galegas”.
Son En Común segue a considerar que é posible reducir sensiblemente o recibo do lixo en Vigo, tanto aplicando as reducións dos custes na xestión como auditando permanentemente a concesión.
Igualmente, Marea de Vigo presentou emendas á ordenanza fiscal polo servizo de recollida do lixo orientadas a que as familias perceptoras da Risga non paguen taxa e se estableza un sistema gradual de tarifa dependendo do tamaño da vivenda en tramos de 0 a 90, 91 a 150 e 151 a 300 metros cadrados.