O grupo municipal que lidera Rubén Pérez vai máis alá e critica que esa adxudicación poda darse baixo “a suposta ameaza da empresa ao Concello de denuncia polas prazas perdidas a causa das humanizacións”.
Segundo advirten, “o mecanismo é claro” e se basea en “facer obra pública eliminando prazas de estacionamento en superficie, forzando ás persoas a acudir aos aparcadoiros privados e no momento no que a empresa concesionaria do estacionamento regulado en superficie reclama cartos ao Concello pola falla de equilibrio económico, isto ten que ser pagado por todos os vigueses”.
Para a Marea de Vigo, é necesario polo tanto romper estas dinámicas que “só traen supostas oportunidades ‘prevaricatorias’ e económicas para unhas poucas persoas e empresas, graves problemas laborais para outras, e estrago económico para toda a veciñanza”.
Pola contra, propoñen un control das concesionarias e a remunicipalización dos servizos, “medidas cada día máis necesarias, non só pola mellora do ben común e o control sobre o público, senón xa como unha medida urxente de hixiene na contratación pública no Concello de Vigo”.