Para a Marea de Vigo o novo local é «absolutamente elitista e con prezos nada populares; o que contradí a pretendida procura dun complexo hostaleiro con prezos accesibles que aducía o alcalde para renovar a concesión do espazo situado en terreos públicos».
Lembra o voceiro Rubén Pérez que a normativa urbanística do PXOM indica que os terreos que ocupa este establecemento están nunha zona verde “Alcabre-Samil” e que ese sistema xeral recolle textualmente o “traslado dos usos lúdicos e deportivos” deste área como así recentemente se ten feito co tobogán de Samil.
Marea de Vigo considera “elitista e pouco acorde coa realidade cultural da nosa cidade” o modelo de negocio estilo mediterráneo que acometeu a concesionaria ganadora, e suliña “estamos recibindo numerosas queixas do modelo de contratación do personal e mesmo dos prezos de produtos que para nada son acordes coa pretendida función de servizo público na praia de Samil.
Tamén defende o grupo municipal que o sistema xeral proxectado (retirada do muro e rexeneración do complexo dunar antes existente) ten que ser “unha realidade dende xa” evitando ampliar concesións que «convertan a praia de Samil nunha especie de Porto Banús atlántica incompatible co delicado sistema ecolóxico que é a Ría de Vigo».